Alumnado do colexio incorpora as súas creacións á exposición ‘Implícate, son as túas veciñas’
O Concello de Ortigueira lembra que se pode visitar ata o 30 de novembro a exposición da campaña ‘Implícate, son as túas veciñas’ no claustro do Concello en horario de 10:00 a 14:00 h.
Nela inclúense agora as obras do alumnado de 6º de primaria do CEIP José María Lage, que incorporaron as súas creacións con motivo do 25N para sensibilizar e concienciar contra a violencia machista.