ORTIGUEIRA SERÁ UNHA DAS SEDES DOS TALLERES DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA O PERSOAL DE ATENCIÓN DIRECTA A PERSOAS CON DEPENDENCIA
O Concello de Ortigueira foi elixido polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ( ISSGA) como unha das sedes dos seus talleres de prevención de riscos laborais para o persoal traballador de atención directa a persoas con dependencia.
Esta acción formativa, que se impartirá de forma presencial no mes de outubro, inclúese no Plan de Actividades 2021 do ISSGA e está destinada a persoas maiores de idade interesadas na actividade de atención a persoas con dependencia, tendo prioridade na selección aquelas con vinculación laboral e/ou formación na materia.
En canto váianse coñecendo máis detalles o Concello de Ortigueira informará do proceso de inscrición, as prazas habilitadas polo ISSGA e o lugar onde se desenvolverá o taller.