Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO PARA OS NOVOS OBRADOIROS DIRIXIDOS A MULLERES “A ARTE DE COIDARTE”

O Centro de información á Muller de Ortigueira ten aberto o prazo de inscrición para poder participar nos obradoiros “A arte de coidarte”, dirixidos a mulleres e que darán comezo o vindeiro día 27 no Centro Social de Ortigueira, cofinanciados pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Trátase de tres talleres que se configuran como un espazo grupal no que o obxectivo é incidir no autocoidado e no que as mulleres en situación de vulnerabilidade poidan sentirse acompañadas no proceso de situar a súa vida no centro, de pensar en si mesmas e de ter en conta as súas necesidades propias para conseguir un empoderamento e un benestar físico, emocional e mental.

Nos obradoiros reflexionarase sobre o tempo e as accións que cada unha dedica ao seu propio coidado desde unha perspectiva de xénero, e aprenderase tamén a administrar na vida un tempo para o desenvolvemento persoal. Igualmente se insistirá na importancia de coñecer e practicar accións para axudar ao benestar, xerando unha rede de apoio emocional e social entre as participantes.

A primera sesión do curso será presencial, o día 27 de 18.00 a 20.00 horas, e para apuntarse e obtener máis información pódese chamar ao teléfono do CIM, o 981 402 542.

Back to top