Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SEMANA DEDICADA AOS MÁIS PEQUENOS EN ORTIGUEIRA CON CONTACONTOS E TEATRO FAMILIAR

Os máis pequenos serán protagonistas da actividade cultural desta semana no concello de Ortigueira. O mércores 18 e o xoves 19 desenvolveranse na biblioteca municipal dúas sesión de contacontos, a primeira para idades comprendidas entre 1 e 3 anos e a segunda a partir de 4 anos . Nos dous casos a hora de comezo serán ás 17.30.

A actividade do mércores correrá a cargo de Ana Ferradás e leva por título “Contos con loga”; da do xoves encargarse Tarabelos, cunha sesión titulada “Fábulas”.

O sábado 21 o Teatro de Beneficencia acollerá a representación “Saaabor!”, de Culturactiva, unha obra que dará comezo ás 19.30 horas, con entradas ao prezo de 3,50 euros. “Saaabor!” é un espectáculo cómico no que se mesturan música, maxia e humor coa gastronomía como eixe, e que invita ao público a participar. Félix Rodríguez e Fran Rei son os dous chefs que, baixo a dirección de Avelino González, elaborarán un menú teatral para toda a familia.

Back to top