REUNIÓN ANUAL DO PROTOCOLO MUNICIPAL DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE ORTIGUEIRA

O alcalde, Juan Penabad Muras, presidiu hoxe a reunión anual do Protocolo Municipal de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Ortigueira, na que se abordaron o labor de coordinación e atención ás vítimas de violencia de xénero no municipio durante o 2018 e se falou de diferentes propostas de mellora para a súa atención integral e multidisciplinar. Estes temas serán recollidos documentalmente nunha acta.

No encontrro estiveron presentes María Isabel Álvarez García, xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno; a xuiza do Xulgado de Primeira Instancia de Ortigueira; a coordinadora de Enfermería do centro de saúde; o sarxento do posto da Garda Civil; a decana do Colexio de Avogados de Ferrol para o partido xudicial de Ortigueira; a directora de Servizos Sociais; a psicóloga e asesora xurídica do CIM e representantes da Policía Local.

A Subdelegación do Goberno ofreceu a súa máxima colaboración a todos os integrantes desta xuntanza ademais de apoialos e felicitalos polo seu traballo e implicación.

Back to top