Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PRESENTACIÓN DO LIBRO: VIAXE AO ALÉN

A presentación do libro “Viaxe ao Alén” de Luli Dopico, terá lugar no Teatro o sábado 26 de outubro, 8 da tarde. Presentará o acto Carmiña Loureiro no que se realizará unha proxección dun audiovisual con fotografías de Álvaro Fdez. Polo.

A lectura dos cinco libros editados pola Imprenta Fojo, entre os años 1954 e 1963, titulados: «La Comarca del Ortegal en el II milenio antes de Jesucristo», de Ramón Bascoy Pérez, sumado ás investigacións de Federico Maciñeira, Rafael Usero, Cronista de Cedeira e Pepe Riola, máis lendas e tradicións da comarca espalladas por aquí e por acolá, engadindo un pouco de imaxinación, dan lugar á derradeira investigación da sarxento Tona Andújar pola Serra da Capelada e San Andrés de Teixido, antes da súa xubilación.

A novela, que consta de 31 capítulos, desenvólvese entre os catro concellos do Ortegal: Cedeira, Cariño, Ortigueira e Mañón. Leva fotografías en color de Álvaro Fernández Polo e un interesante prólogo de Carmiña Loureiro.

Colaboraron na súa edición os devanditos Concellos, así como a Asociación de Turismo do Ortegal que preside Pablo Maciñeira e Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal. En datas próximas presentarase tamén nos Concellos colaboradores.

Back to top