Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A PISCINA MUNICIPAL DE ORTIGUEIRA, UN LUGAR MÁIS ACCESIBLE COA INSTALACIÓN DUN ELEVADOR HIDRÁULICO PARA ACCEDER AO VASO

A piscina municipal de Ortigueira conta desde esta semana cun elevador hidráulico e un desfibrilador automático para facer deste espazo un lugar accesible a todas as persoas e no que se garanta a seguridade daquelas que acudan ao recinto.

O equipo de goberno local aposta apuesta “por ofrecer espazos nos que non haxa obstáculos e que poidan ser empregados por toda a veciñanza, con este obxectivo instalamos un elevador automático no vaso da piscina, para que calquera persoa poida acceder a ela sen límites de mobilidade”, sinalou o edil de Deportes, Anxo Lozano.

Este asento ten unha capacidade máxima de 150 quilos e permitirá que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder ao vaso da piscina desde unha cadeira de apoio. Segundo informou Lozano, as instalacións tamén dispoñen de cadeira ortopédica para facilitar o acceso ao elevador.

Á súa vez, o Concello tamén instalou un desfibrilador externo semiautomático ( DESA) con instrucións para o seu uso en caso de emerxencia. “Desde o equipo de goberno local seguimos traballando día a día par adaptar as nosas infraestruturas ás necesidades actuáis da poboación, creando espazos seguros e inclusivos para a práctica deportiva”, sinalou Lozano.

Back to top