Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS ACTOS DO DÍA DA MULLER CONTINÚAN COA PRESENTACIÓN DO LIBRO “PIONEIRAS DO DEPORTE EN GALICIA”

Dentro dos actos organizados polo Concello de Ortigueira para conmemorar o Día da Muller, o vindeiro xoves, día 21 de marzo, terá lugar a presentación do libro “Pioneiras do deporte en Galicia”, do que é autora a profesora da Facultade de Ciencias da Educación Física e do Deporte da Universidade da Coruña Cristina López Villar. Trátase dunha obra editada pola Deputación da Coruña que, nas súas case 200 páxinas, recolle as historias das mulleres que abriron camiño en Galicia nas diferentes modalidades deportivas.

A presentación será na biblioteca municipal a partir das 11.00 horas.

Back to top