Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA REFORZA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR COA ADQUISICIÓN DE CAMAS ARTICULADAS E GUINDASTRES

O Concello de Ortigueira reforza o servizo de axuda no fogar do municipio coa adquisición de dez camas articuladas e cinco guindastres para a elevación de usuarios.

O Consistorio prestará este equipamento de forma indefinida ás persoas usuarias que o necesiten nos seus domicilios e que non conten cos medios necesarios para poder adquirir estes elementos, esenciais para o seu día a día. O Concello dedicou 13.875 euros para a incorporación deste material.

A concelleira de Igualdade, María Dolores Lamelas, informa de que, con esta acción, desde o equipo de goberno local “búscase atender a todas as persoas que precisen da nosa axuda para poder desenvolver a súa vida con normalidade”, explicou. “Os beneficiarios destas camas e grúas poderán contar con elas todo o tempo que necesiten”, incidiu a edil, quen tamén manifestou que esta medida permitirá á súa vez que as traballadoras e traballadores do servizo conten con mecanismos que permitan realizar o seu labor con maior eficiencia.

Back to top