Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA PREPÁRASE PARA O NOVO CURSO COA POSTA A PUNTO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

O Concello de Ortigueira comezou esta semana cos traballos de mantemento e adecuación das instalacións deportivas do municipio que contan con herba artificial.

Limpeza de canlóns, eliminación de fungos, incorporación de nova area e caucho ou movemento da superficie dos pavimentos son algunhas das actuacións que se realizan estes días en lugares como o campo de fútbol de San Claudio. Nesta instalación tamén se esparexeron 600 quilos de caucho co obxectivo de manter o terreo en condicións adecuadas para a celebración de campionatos, partidos e adestramentos.

Así mesmo, levan a cabo traballos nas pistas cubertas e descubertas de pádel e farase unha pequena intervención no campo descuberto de fútbol da Preguiza.

As intervencións sinaladas contan cun orzamento municipal de 4.658 euros.“Uns fondos cos que estamos poñendo a punto as instalación deportivas do noso municipio para o comezo do novo curso”, informou o concelleiro de Deportes, Ángel Lozano. “Contar con espazos acondicionados para a práctica da actividade física é esencial para impulsar o deporte e animar á poboación que aínda non o fai a practicalo”, indicou.

Back to top