ORTIGUEIRA E O FESTIVAL CELTA PROMOCIÓNANSE EN TUREXPO GALICIA E FESTUR

O Concello de Ortigueira está estes días cun stand en Silleda para participar en Turexpo Galicia 2019, unha feira internacional na que se combinan a exposición en si cunha bolsa de contratación e un variado programa de actividades. Neste marco é no que se desenvolve Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico, entre as que o Festival Celta de Ortigueira -que se celebra do 11 ao 14 de xullo- é unha das principais citas do calendario.

Deste xeito, Ortigueira distribúe na súa caseta -decorada co cartel da vindeira edición do festival- material promocional do propio evento, mostra vídeos e tamén reparte folletos e merchandising sobre os moitos atractivos turísticos que ten o municipio.

Durante a fin de semana, tanto o sábado como o domingo, invitarase aos asistentes tamén a degustar a afamada tarta de Ortigueira.

Back to top