ORTIGUEIRA CONTARÁ CON BUSES GRATUÍTOS A LOIBA NA SÚA OFERTA TURÍSTICA PARA SEMANA SANTA

O Concello de Ortigueira inclúe na oferta de turismo da Semana Santa autobuses gratuítos para chegar ao banco de Loiba. O servizo de buses lanzadeira prestarase de xoves a domingo en horario de 11 da mañá a 8 da tarde, con paradas no punto de información de Loiba e as habituais no resto do percorrido. Tamén haberá un circuito de entrada e saída para os coches para favorecer a circulación e zonas de aparcamento.

Back to top