Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A recollida de lixo no Concello de Ortigueira realízase de xeito diario, ainda que a afluencia a determinadas parroquias realízase de xeito menos frecuente.

Na seguinte ligazón pode consultar a programación de recollida de lixo por parroquias.

VER PDF Programación da recollida de lixo (pendente)

A recollida de enseres municipal realízase o primeiro xoves de cada mes. Para o cal, os interesados e interesadas:

Aviso previo: chamando ao 981 400 000 (de luns a venres de 9.00h a 14.30h) onde deberán informar dos enseres a depositar e a dirección.
Depósito: os enseres deberán deixarse antes das 8.00h do día indicado ao carón do contenedor máis próximo.

O Punto limpo do Concello de Ortigueira atópase no Polígono industrial de Cuiña. Nel, poden depositarse os seguintes residuos:

  • Residuos non perigosos: Madeiras de residuos domiciliarios, plásticos domiciliarios ou asimilables (excluidos os envases), restos metálicos do fogar, voluminosos (colchóns, sofás e outros mobles), papel e cartón.
  • Residuos de Aparatos Eléctricos y Electrónicos (RAEES): Electrodomésticos (con e sen CFC), equipos de informática e telecomunicacións (monitores, TV), pequenos electrodomésticos, ferramentas, xoguetes electrónicos.

Polígono Industrial de Cuiña, 27.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 8.30h a 13.30h. Sábado de 10.00h a 13.00h.

En canto á reciclaxe, dúas empresas externas e especializadas recollen os contedores verdes e azuis. Os interesados dispoñen de colectores diferenciados dependendo dos residuos a botar:

  • Nos contedores verdes pode depositarse calquera tipo de vidro: botellas, tarros, etc. Na planta de tratamento retíranse os restos de cortiza, papel ou metais para proceder á súa reciclaxe. Tira o vidro directamente no iglú, sen bolsa.
  • Nos contedores amarelos deben tirarse os bricks xunto cos plásticos e as latas. Deposítaos nunha bolsa plástica pechada para que non se verta o seu contido.
  • No contedor azul van o papel e o cartón, directamente ou nunha bolsa de papel.
  • Se un residuo ten materiais que pertencen a diferentes categorías, debes separalos para botalos ao contedor que corresponda.

Non hai eventos

Back to top