OBRADOIROS DO PROXECTO “ CON VOZ DE MULLER”

No mes de maio e xunio levaronse a cabo nas parroquias de Espasante e Santiago de Mera, os obradoiros do Proxecto “ Con voz de Muller” impulsado polo CIM.

As mulleres protagonistas da vida das súas parroquias fixeron unha viaxe desde a nenez ata a vida actual, recoñecendo os feitos e vivencias que as definen na actualidade.

Falaron dos espazos que ocupaban, das actividades ás que se adicaban, dos logros que acadaron e dos aspectos da súa contorna nos que as mulleres foron axentes de cambio e transformación.

O Concello de Ortigueira agradece a xenerosidade e a implicación das 25 mulleres participantes.

Back to top