O VOTO DE CALIDADE DO ALCALDE PERMITE O PAGO DE FACTURAS AOS PROVEEDORES DO CONCELLO

O Pleno de Ortigueira aprobou onte, co voto de calidade do alcalde, Juan Penabad Muras, o pago de facturas a proveedores do Concello, que fora bloqueado polo voto negativo do PP e os concelleiros non adscritos na última sesión ordinaria da corporación.

A proposta volveuse levar ao Pleno ao detectarse un erro administrativo nunhas facturas e desta volta, aínda que tanto os populares como os non adscritos mantiveron a súa oposición, foi posible aprobala co devandito voto de calidade do alcalde, ao rexistrarse 4 votos a favor, 4 en contra e 1 abstención (a do BNG).

Muras expresou a súa satisfacción polo feito de que as persoas físicas e xurídicas que prestaron servizos ao Concello poidan cobrar os seus traballos, un tema que lle causaba unha fonda preocupación e polo que criticou duramente aos concelleiros que votaron en contra. Na súa opinión, coa votación de hoxe demostrase quen está polo labor de realizar estos pagos, evitando problemas económicos a pequenas empresas que traballan para o concello, e quen non. A aprobación inicial da modificación de créditos que permitirá o pagamento xa foi publicada no BOP e a definitiva está prevista no prazo de 15 días hábiles.

Back to top