O VI ENCONTRO DE COROS DE SECUNDARIA DE GALICIA SERÁ HOXE NO TEATRO DE BENEFICENCIA

O IES de Ortigueira organiza hoxe xoves o VI Encontro de Coros de Secundaria de Galicia, que terá lugar no Teatro de Beneficencia a partir das 12.00 horas. Actuarán as agrupacións dos IES Alfonso X de Cambre, A Sardiñeira da Coruña e o organizador.

O coro do IES de Ortigueira naceu no ano 2014, da man do profesor de Música do centro, José Antonio García Mato, e unha participación inicial de 25 rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos da zona de Ortegal.

Por outra banda, o sábado 22 a música volverá ter protagonismo no Teatro de Beneficencia coa celebración do festival de fin de curso da Escola Municipal de Música. Nesta ocasión o acto dará comezo ás 18.00 horas. O centro, que desde hoxe e ata o venres organiza xornadas de portas abertas, ten como prazo de prematrícula ata o vindeiro 28 de xuño.

Back to top