Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PROGRAMA DE NADAL PARA A FIN DE SEMANA EN ORTIGUEIRA DEDÍCASE Á MÚSICA

A fin de semana estará dedicada á música dentro da programación de Nadal de Ortigueira. O venres 21, ás 19.30 horas na Igrexa parroquial de Santa Marta, haberá un Festival de Nadal no que intervirán a Escola de Música e a Coral Polifónica de Ortigueira, e ao día seguinte, o sábado 22, será a banda de música da localidade a que ofreza unha actuación no mesmo escenario tamén ás 19.30 horas. O domingo 23 ás 19.00 horas terá lugar no Teatro de Beneficencia un concerto solidario a favor de Aspromor organizado polo coro de Espasante coa colaboración do Concello.

Xa o luns, Papá Noel visitará aos nenos e nenas de Ortigueira e dos concellos veciños que queiran achegarse ata a carpa situada na Alameda, onde, a partir das 17.00 horas, dará comezo unha festa infantil con xogos, actividades de globoflexia e animación musical.

Back to top