Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PRAZO PARA PARTICIPAR NOS CERTAMES DE DISFRACES E DOCES DO ENTROIDO ORTEGANO REMATA A SEMANA QUE VÉN

O Concello de Ortigueira mantén abertos os prazos para participar nos certames de doces -que terá lugar o 3 de marzo- e disfraces -o 2 de marzo- convocados con motivo do Entroido. No primeiro caso, as persoas interesadas en participar nesta 23ª edición pódense apuntar ata o 26 de febreiro. Establécense catro categorías: orellas, bolas, freixós e pistrinos, con 75 euros para o primeiro premio en cada unha delas e 50 para o segundo. Ademáis haberá outro por valor de 150 euros para as asociacións que se presenten nalgunha categoría cun mínimo de 10 socios participantes.

Para o concurso de disfraces o prazo remata o 28 de febreiro, aínda que tamén é posible apuntarse o mesmo día. Na categoría individual, parella ou trío repartiranse tres premios de 300, 200 e 100 euros; na de grupos de 4 a 14 compoñentes serán de 500, 250 e 150; na de grupos de máis de 15 persoas o importe ascenderá a 700, 500 e 200 euros e tamén haberá 200 euros para a mellor comparsa e 500 para a mellor asociación ou centro educativo. O desfile sairá ás 20.30 horas da biblioteca percorrendo a rúa Francisco Santiago e o Cantón ata a Alameda, onde terán lugar as actuacións.

Para os dous certames a inscrición terá que se realizar na oficina de turismo ou a través do teléfono 981 974 103.

Back to top