Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O MAGO ROMÁN PRESENTA ESTE SÁBADO EN ORTIGUEIRA AS SÚAS “NANOMAXIAS”

A programación cultural do Concello de Ortigueira para este mes de marzo continuará o sábado 27 coa esperada visita de Román García, o Mago Román, que traerá ao Teatro da Beneficencia o seu espectáculo Nanomaxias.

A función, con aforo limitado polas circunstancias sanitarias, dará comezo ás 19.30 horas e nela os espectadores e espectadoras poderán gozar, ademais dos impresionantes trucos de maxia de salón, do humor do Mago Román, que obtivo o Premio Nacional de Maxia e que dá un especial protagonismo á comedia.

As entradas teñen un prezo de 3,50 euros.

Back to top