Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO RETRASA O COBRO DOS SERVIZOS DA ESCOLA DE MÚSICA E OS ALMORZOS NA ESCOLA PARA ALIVIAR A CARGA ECONÓMICA DAS FAMILIAS

O Concello de Ortigueira continúa aplicando medidas para paliar a crise do coronavirus, nesta ocasión tomando medidas relacionadas cos ingresos que percibe directamente a administración local da veciñanza. Así, o goberno decidiu retrasar aos contribuíntes o pago dos servizos prestados polo Concello durante a primeira quincena de marzo, que non se pasarán ao cobro ata despois do 30 de abril. A medida afecta ás clases na Escola de Música Concello de Ortigueira e ao programa Almorzos na Escola que se desenvolveron nos días previos á declaración do estado de alarma.

A institución municipal avisará oportunamente, e dentro do marco xurídico vixente en cada caso, das novas datas de cobro.

Esta medida ten por obxecto aliviar a carga económica dos veciños e veciñas de Ortigueira nestes momentos de crise.

Back to top