O CONCELLO HABILITA UN DISPOSITIVO ESPECIAL DE TRÁFICO E APARCADOIRO PARA OS ACANTILADOS DE LOIBA

Ademais da posta en servizo do punto de información turística de Loiba, o Concello de Ortigueira quere facilitar as visitas aos cantís situados nesta zona e ao coñecido como “banco máis bonito do mundo” cun dispositivo especial de tráfico. Así, segundo informou o concelleiro de Obras, Juan Cao, habilitarase un circuíto para que os coches utilicen unha vía de entrada e outra de saída, de xeito que a parte da calzada pola que non se circula funcionará como zona de estacionamento.

Esta medida estará habilitada de xoves a domingo, en horario aproximado de 11 da mañá a 6 da tarde, e haberá persoal que se encargará de sinalizar o acceso e saída así como os aparcadoiros aos visitantes.

Como se recordará, o punto de información turístico de Loiba estará en servizo nestas mesmas datas, de xoves a domingo, entre as 10.30 e as 14.30 e de 15.30 a 19.30.

Back to top