Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ENTRA NA ASOCIACIÓN PARA A XESTIÓN DO XEOPARQUE CABO ORTEGAL

O pleno do Concello de Ortigueira aprobou na sesión celebrada o xoves a inclusión do municipio na Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal, cos votos do goberno e de Primeiro Ortigueira. Precisamente a reunión -na que se deu lectura ao bando de medidas de prevención como contención do coronavirus- comezou coa toma de posesión da nova concelleira desta formación política, Ana Belén Franco Martínez, que substitúe a Luis Pita na corporación. O alcalde, Juan Penabad Muras, deulle a benvida á nova edil en nome da corporación.

A medida non suporá desembolso económico algún mentres estea en vigor o Plan de Axuste.

Back to top