Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA RECIBIRÁ 67.000 EUROS DE SUBVENCIÓN PARA POLÍTICAS DE IGUALDADE

O Concello de Ortigueira recibirá máis de 67.000 euros (67.397,11euros) de subvencións para promoción da igualdade dentro das axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e o Pacto de Estado.

A maior parte desta cantidade, como reflicte o Diario Oficial de Galicia de onte, dedicarase ao programa de apoio ao Centro de Información á Muller, que financia os gastos de persoal por importe de 55.840,51 euros.

Para as tarefas relacionadas coa sensibilización e prevención da violencia concédense 5.715 euros, mentres que outros 3.960 estarán dirixidos ao programa Conciliortigueira, que financia actividades lúdicas e didácticas para os nenos e nenas nas vacacións escolares como xeito de favorecer a conciliación laboral e familiar.

Por último, a iniciativa “O meu corpo, a miña casa” recibirá 1.881,60 euros. Trátase dun obradoiro para o desenvolvemento persoal e de saúde física e emocional das mulleres que ten como obxectivo favorecer o seu empoderamento e autocoidado, entre outros.

Back to top