Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA INFORMA DO REMATE DE OBRAS DE MELLORA POR MÁIS DE 680.000 EUROS

O boletín municipal de Ortigueira correspondente ao mes de decembro está rematado e listo para ser distribuído entre as vivendas da localidade, como é habitual.

Nesta ocasión, a portada dedícase ao remate de obras de mellora en diferentes áreas por importe de máis de 680.000 euros (683.610,70). Neste paquete inclúense as de mellora das instalacións da piscina, no pavillón, as realizadas para a homologación do Centro de Formación Profesional ou o acondicionamento dunha parcela para centro de recollida de plásticos agrícolas, entre outras realizadas en diferentes pistas do concello.

O éxito da Feira do Mel e da Feira da Mazá, así como da Concentración de Camións, que se realizou por vez primeira este ano, son outros dos contidos da publicación, xunto coa protección aprobada polo pleno para o eucaliptal de Morouzos ou o premio conseguido por Ortigueira no certame Vilas en Flor.

A contraportada é unha reportaxe fotográfica sobre a emotiva cerimonia das Vodas de Ouro, que se celebra anualmente e que nesta ocasión xuntou a dez parellas de orteganos que levan 50 anos xuntos.

Pode consultar e descargar este boletín e os anteriores na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Boletín municipal “Concello de Ortigueira”

Back to top