Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA EXPRESA O SEU PESAR POLO FALECEMENTO DA PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN NATURALES DE ORTIGUEIRA DE LA HABANA

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, expresou o seu pesar – no seu nome e no do resto da corporación- polo falecemento de Ela Méndez Martínez, presidenta da asociación Naturales de Ortigueira de La Habana desde o ano 2017. Como responsable da entidade, Ela Méndez visitou o municipio ortegano o ano pasado, dentro dunha viaxe a Galicia para participar no XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas que tivo lugar en Santiago. Con ocasión da recepción no Concello deixou a súa firma no Libro de Ouro, no que escribiu: “Siempre es un inmenso placer recorrer las calles de Ortigueira, como hicieron en su momento los fundadores de nuestra asociación. Con profundo agradecimiento por tan honrosa bienvenida ¡Viva Ortigueira!”.

Naturales de Ortigueira ten na actualidade arredor de 6.000 socios e desenvolve un labor de asistencia social e sanitaria desde a súa creación, no ano 1928. É tamén un punto de encontro para a comunidade de orixe ortegano e de transmisión da cultura galega en xeral.

Back to top