Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO AUTORIZA FOGUEIRAS PARA A NOITE DE SAN JUAN EN ESPAZOS PRIVADOS E PÚBLICOS

O Concello de Ortigueira autoriza as fogueiras en espazos públicos e privados para a noite de San Juan no municipio. En ambos os casos será necesario realizar a comunicación previa ao Concello facendo constar os datos da persoa responsable e o lugar onde se vai a levar a cabo.

No caso das fogueiras en espazos públicos, non poderán facerse sobre pavimento de formigón ou asfalto, tampouco en céspede de zonas verdes, en praias ou espazos verdes públicos limítrofes ás mesmas. Noutra clase de zonas públicas as persoas organizadoras deberán adoptar as medidas necesarias para que as fogueiras non provoquen danos no chan.

Dada a situación provocada pola crise sanitaria do covid-19 darase cumprimento ás normas sanitarias e de prevención ditadas polo Goberno do Estado e pola Xunta de Galicia, vixentes no momento da realización da fogueira.

O Concello apela á responsabilidade cidadá á hora de cumprir de forma estrita esta noite con todas as medidas necesarias para a prevención do coronavirus, seguindo as normas das autoridades sanitarias en todo momento para evitar os contagios.

Back to top