O CIM DE ORTIGUEIRA INFORMA DAS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA DE EMPRENDEMENTO FEMININO

O Centro de Información á Muller de Ortigueira informa da publicación no DOG das bases do programa Emega para fomento do emprendemento femenino, e da apertura do prazo de presentación de solicitudes, que rematará o vindeiro 5 de agosto.

A iniciativa contempla catro liñas específicas:

-Emprende, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e para crear emprego feminino estable por conta propia ou allea.

-Innova, para a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres.

-Activa, para favorecer a reactivación e consolidación de empresas con medidas de renovación, ampliación ou cambio de localización para paliar unha situación económica adversa.

-ITEF, para incentivar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres.

Tamén hai unhas axudas complementarias, as denominadas Concilia, que promoven a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Back to top