Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

GHAZAFELLOS LEVA AO TEATRO DE BENEFICENCIA ESTE SÁBADO A SÚA MÁQUINA DO TEMPO

A compañía de teatro Ghazafellos leva este sábado ao Teatro de Beneficencia de Ortigueira a obra infantil “A máquina do tempo”, unha representación na que a doutora Mon (Montse Piñón) e o seu axudante Pe (Pepablo Patiño) mostrarán a verdadeira historia das civilizacións a través dunha viaxe a diferentes épocas na que participará algún voluntario ou voluntaria.

A representación dará comezo ás sete da tarde e o custo da entrada é de tres euros. É unha obra recomendada para nenos e nenas de cinco a doce anos.

Back to top