GALICIASKILLS

A vindeira semana, os días 28,29 e 30 de novembro, celébrase no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda, o Galiciaskills.

Trátase do campionato galego da formación profesional que se realiza cada dous anos e que consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da FP, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.

Representando o IES de Ortigueira preséntanse os alumnos Gabriela Cabral e Francisco Soengas nas especialidades de Carpintaría e Ebanistaría, respectivamente, onde terán que desenvolver unha cercha de madeira e un caixón con colas de miñato. Estarán titorizados polo profesor Alberto Gallego.

Participan tamén coma expertos outros dous profesores do centro, Juan Santalla e Luis Beceiro que velarán por un desenvolvemento xusto de ambas competicións.

Co gallo de animar ós competidores e que o resto dos compañeiros coñezan a competición e outras ramas da formación profesional, dende o IES organízase unha visita a Silleda para o alumnado o mércores día 28.

Back to top