Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ESTE VENRES REMATAN AS RUTAS SENDEIRISTAS DAS LENDAS DA FALADORA

Este venres, día 30 de agosto, terá lugar a última das rutas sendeiristas organizadas polo Concello de Ortigueira, que discorrerá pola Serra da Faladora. A saída terá lugar ás 10.00 horas desde a oficina de turismo, en coche propio, e o regreso ao punto de partida está previsto para as dúas da tarde. Os e as participantes percorrerán unha distancia de 6 quilómetros considerada de dificultade baixa. O prezo da inscrición é de 3 euros e terase que realizar na propia oficina de turismo ou chamando ao número de teléfono 981 974 103.

Recoméndase levar botas de monte, bastón, chuvasqueiro, auga e comida.

Back to top