DATOS DE CONTACTO DO TEATRO DE BENEFICIENCIA

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000 – 639 043 936.
Persoa de contacto: Manel López mlopez@concellodeortigueira.com

O Teatro de Beneficencia é unha instalación construida en 1850 de estilo románica e de xestión municipal.

Nel desenvólvese unha programación cultural moi variada, na que predominan actividades como ópera, teatro, concertos, cinema, congresos ou danza, como membro da Rede Galega de Teatros e Auditorios AGADIC.

Ten un aforo de 249 localidades con escena, palco e paraíso.

Na seguintes ligazóns pode descargarse o folleto informativo do Teatro de Beneficencia en distintas linguas:

VER PDF Información sobre o Teatro de Beneficencia en francés e español

VER PDF Información sobre o Teatro de Beneficencia en inglés e galego

Os interesados que desexen desenvolver as súas actividades no Teatro de Beneficencia (asociacións ou entidades) deberán solicitar autorización municipal seguindo os seguintes trámites:

Os interesados no uso das instalacións do Teatro de Benefiencia deberán realizar unha solicitude cunha antelación mínima de dez días, sinalando como mínimo a data, uso previsto, duración e todos os necesarios para o coñecemento da actividade a desenvolver. Pode realizar a solicitude no rexistro xeral ou a través da sede electrónica do Concello.

REXISTRO XERAL

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas (18 de marzo, 22 de maio, 26 de xullo,16 de agosto, e 24 e 31 de decembro de 2019, todas as oficinas permanecerán pechadas a excepción do rexistro).

Na seguinte ligazón pode descargar a instancia tipo para a realización da solicitude da instalación:

VER PDF Instancia tipo

REXISTRO DA SEDE ELECTRÓNICA

Sede electrónica do Concello (require método de identificación persoal)

No mínimo prazo posible, o órgano competente para resolver a solicitude presentada, adoptará o acordo da concesión ou non de xeito motivado, que será comunicada ao interesado de xeito físico no caso de ter feita a solicitude a través do rexistro xeral, ou telemáticamente no caso de ter feita a solicitude a través da sede electrónica.

Trala concesión da solicitude, o interesado deberá aboar a taxa correspondente polo uso da instalación na recadación municipal, que vén regulada na ordenanza fiscal Nº 21, reguladora do prezo público pola entrada e uso do Teatro da Beneficencia, que pode consultarse na seguinte ligazón:

DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal pola entrada e uso do Teatro da Beneficencia

Back to top