DOUBLE DOUBLE, NO CICLO FESTIVAL NO TEATRO

O ciclo Festival no Teatro traerá o vindeiro día 1 de marzo ao Teatro de beneficencia ao cuarteto Double Double. Dous escoceses e dous bretóns ofrecerán un repertorio baseado en melodías celtas maxistralmente interpretadas por Sebastien Lagrange ao acordeón; Gael Rutwoski á gaita; Caoimhin Vallely ao piano e Ross Martin á guitarra. As entradas para este concerto, que é primicia en España e comezará as 21.00 horas, pódense reservar en info@festivaldeortigueira.com. Tamén estarán á venda desde o luns 25 de febreiro nas oficinas de Cultura do Concello, de 11 a 12, e o mesmo día da actuación desde as 19.30. O prezo é de 4,50 euros.

Back to top