ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO “DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB”

No marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, iniciase a inscrición no curso “Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web”, dirixido a mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos, e que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3.

A formación teórico-práctica realizarase na cidade da Coruña, e a data de inicio comunicarase ao longo do proceso de selección.

O prazo de inscrición péchase o 29 de xaneiro.

Nas oficinas do servizo de orientación laboral do Concello pode solicitarse toda a información e realizar as inscricións:

Centro Social. Recheo da alameda s/n, 1º Andar
981 400 000 (extensión 313) – Persoa de contacto: Marika Álvarez
Correo electrónico: malvarez@concellodeortigueira.com

Back to top