COMEDIA MUSICAL, O SÁBADO NO TEATRO DE BENEFICENCIA

A representación teatral Ummm!!!, de Teatro Avento Producións, chegará o sábado 11 ao Teatro de Beneficencia. A función, que se define como “unha comedia musical para chupar os dedos” e forma parte da programación de Agadic, está prevista para as cinco da tarde e o prezo das entradas é de tres euros.

A trama desenvólvese na pastelería de dona Remedios, onde os clientes escasean cada vez máis porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. A contratación dun novo axudante con ideas modernas pode desembocar nun conflito.

Back to top