Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AS PINTURAS DE SERGEY SOZONOV, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DE ORTIGUEIRA

O pintor ruso residente en Ortigueira Sergey Sozonov inaugurará hoxe venres na sala de exposicións do Concello de Ortigueira unha mostra que leva por título “La chica del Pazo…Érase una vez” e que permanecerá aberta ata o día 31 deste mes. O acto terá lugar ás 19.30 horas.

O artista, que desenvolveu a súa vida laboral nunha empresa de publicidade en Moscú, atopou hai nove anos en Ortigueira a tranquilidade que necesita para se dedicar á pintura despois de viaxar por toda Europa. Moitos veciños da vila foron xa retratados por Sozonov, que ten mostrado os seus cadros en diferentes exposicións por toda a contorna.

Back to top