Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO TRABALLA COA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO RÍO MERA NUN PROXECTO PARA A RECUPERACIÓN DO CURSO FLUVIAL

A concelleira Vanesa Trevín reunise onte coa directiva da Asociación de Amigos do Río Mera para avanzar no proxecto de recuperación do devandito río e concretar as actuacións que está previsto levar a cabo con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental do 2019. Segundo explicou Trevín, a intervención incluirá a sinalización dunha ruta de sendeirismo que sexa o máis accesible posible, cun plan de mantemento que permita mantela ao longo dos anos. Tamén formarán parte do proxecto a mellora da área recreativa situada na illa do río Mera e outras actuacións nas zonas de bancos e baño que se atopan ao longo do curso fluvial.

A recuperación das marxes do río coa eliminación de plantas invasoras e o control da vexetación e a limpeza do río coa eliminación de residuos son outros obxectivos que se perseguen co proxecto. A intervención afectará ao tramo que percorre o concello ortegano, desde o refuxio do Cardeal ata a súa desembocadura, arredor de 15 quilómetros.

 

Back to top