APERTURA DO PRAZO PARA A OBTENCIÓN DAS HABILITACIÓNS PARA PROFESIONAIS

O Concello informa da apertura do prazo para a obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente persoal nos centros e servizos sociais do sistema para autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, publicado na Orde do 19 de novembro de 2018 (publicación no DOG 17/01/2019). Esta iniciativa, dependente da Consellería de Política Social é unha novidade normativa deste 2019 para os procesos de habilitación.

O prazo para a obtención destas habilitacións profesionais está aberto ata o 31 de xullo do 2022.

As persoas interesadas poden obter información e orientación no Concello de Ortigueira poñéndose en contacto con Rocío Carballeira.

Back to top