ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DA ESO DO IES ORTIGUEIRA COÑECERÁN O XULGADO A TRAVÉS DO PROGRAMA “EDUCAR EN XUSTIZA”

O Centro de Información á Muller da Concellería de Benestar Social e Igualdade pon en marcha, en colaboración co Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción e o IES de Ortigueira, o programa “Educar en Xustiza”. Trátase dunha iniciativa da Oficina de Comunicación do Consello Xeral do Poder Xudicial dirixida ao alumnado de Secundaria que ten como obxectivo que poidan coñecer como funciona o sistema de xustiza en España.

Este ano serán os rapaces e rapazas de 4º da ESO os que se desprazarán ao Xulgado de Ortigueira o vindeiro día 13 de maio.

Back to top