ADESTRAMENTO DE REMO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, O DOMINGO EN ORTIGUEIRA

A campaña Ortigueira en Negro suma unha nova actividade á concentración prevista para mañá venres, organizada polo Club de Remo de Cedeira en colaboración co Centro de Información á Muller ortegano. O domingo 25, a partir das 16.30 horas, terá lugar na ría de Ortigueira un adestramento de remo contra a violencia de xénero. Haberá unha presentación da actividade seguida dun minuto de silencio, cos remos levantados, en homenaxe ás vítimas para, a continuación, realizar un percorrido marítimo da zona triangular coas embarcacións. A celebración da actividade depende das condicións meteorolóxicas.

Por outra banda, mañá ás 12.00 haberá unha concentración diante do Concello na que se dará lectura a un manifesto contra a violencia de xénero. O Centro de Información á Muller recomenda levar vestiduras negras.

Back to top