Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO PARA SE INSCRIBIR NA XXX CELEBRACIÓN DE VODAS DE OURO EN ORTIGUEIRA

Os matrimonios orteganos que casaron no ano 1969 e anteriores teñen de prazo ata o día 25 de outubro para se inscribir na celebración das Vodas de Ouro que organiza o Concello de Ortigueira o vindeiro novembro.

Segundo o bando que fixo público o alcalde, Juan Penabad Muras, o único requisito para participar neste encontro festivo, que chega a súa 30ª edición, é que estean empadroados en Ortigueira. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cos Servicios Sociais municipais, no número de teléfono 981 402 542.

A celebración ten por obxecto compartir unha comida coas parellas máis lonxevas do municipio e cada ano súmanse novos matrimonios, cando chegan aos 50 anos de casados.

Back to top