ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2019.

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia, dispoñible na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Sede electrónica da Xunta

A solicitude requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa na seguinte ligazón desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir de hoxe, 14 de xaneiro:

IR Á LIGAZÓN Acreditación de competencias

Para máis información pode consultarse o portal educativo de Formación Profesional da Xunta de Galicia, contactar telefónicamente e descargarse o folleto informativo:

IR Á LIGAZÓN Portal educativo de Formación Profesional

Teléfonos de contacto: 981 544 400 / 981 544 376 / 981 546 566

VER PDF Folleto informativo acreditación de competencias

Back to top