Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO DE PREMATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA

A Escola de Música Concello de Ortigueira ten aberto o prazo de prematrícula para o vindeiro curso escolar ata o día 28 de xuño. Ademais do ensino propio dos instrumentos -de corda, folk, percusión, piano, vento-madeira e vento-metal- o centro imparte as materias de Música e Movemento, Linguaxe Musical, Conxuntos Instrumentais e Vocais e Dirección, Harmonía e Análise e Historia da Música. A idade mínima para acceder ao centro é de tres anos.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición na prematrícula. Terán preferencia os alumnos e alumnas xa matriculados no curso anterior. Este trámite pódese realizar na propia Secretaría da Escola da Música ou a través da web www.esmuortigueira.wordpress.com.
O centro comenzou a súa andaina no ano 2000 e desde entón desenvolve un labor orientado a fomentar a afección musical entre os nenos e nenas e a consolidala nos adultos. Leva a cabo tamén programas sociais como “Música para a vida”, organiza concertos e impulsa as agrupacións que naceron na escola, como a banda, os coros, o combo, o conxunto tradicional ou os grupos de acordeóns e de cámara.

Back to top