Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL

A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) vén de abrir o prazo de matrícula para o curso 2018-2019. Entre os días 12 e 19 de setembro todos os interesados poden facer efectiva a súa inscrición nas instalacións da escola(rúa Reverendo Márquez Cortiñas, s/n) no seguinte horario: de luns a venres de 11.00 h a 14.00 h, e de 16.00 h a 20.00 horas.

Os días 20 e 21 de setembro deberase realizar a elección de horario , e o día 24 darán comezo as clases. Ofrécense un total de 188 prazas nas especialidades de Música e Movemento, Canto, Corda, Folk, Percusión, Vento-Madeira, Vento-Metal, Composición e Dirección de Conxuntos.

Desde a EMCO trasladan aos veciños e veciñas o calendario do mes de setembro con este vídeo:

Matrícula 2018-2019 EMCO

??? A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) abre o prazo de Matrícula do 12 ó 19 de setembro.Este curso está cheo de novidades, entre elas ó comezo das clases o 24 de setembro!#aEMCOmola, #Ortigueira, #ConcellodeOrtigueira

Gepostet von Escola de Música Concello de Ortigueira -EMCO am Dienstag, 11. September 2018

Back to top