A BIBLIOTECA DE ORTIGUEIRA, PREMIADA NA XIX CAMPAÑA DE ANIMACIÓN A LA LECTURA MARÍA MOLINER

O proxecto “+ que nunca: días para tod@s en la biblioteca”, da biblioteca municipal de Ortigueira Juan Fernández Latorre, recibirá unha achega económica do Ministerio de Cultura y Deporte de 1.706 euros para adquisición de libros ao ter sido seleccionado entre os 300 de toda España premiados na XIX Campaña de Animación a la Lectura María Moliner. Esta iniciativa, que conta tamén coa colaboración da Federación Española de Municipios y Provincias e da Fundación Banco Santander, está dirixida a concellos de menos de 50.000 habitantes e distingue ademais os tres mellores proxectos e ao máis innovador no que se refire á integración interxeracional.

A iniciativa desenvolvida en Ortigueira e pola que resultou elixida a súa biblioteca comprende todas as actividades de dinamización lectora realizadas no presente ano, que tiñan o obxectivo común de chegar cada vez a máis segmentos da poboación. Organizáronse obradoiros, contacontos, conferencias, presentacións de libros, concursos, liberación de libros, visitas guiadas, biblioplaza, etc.

Desde o ano 2004 a biblioteca municipal ortegana foi premiada en todas as edicións no certame María Moliner, chegou a ser finalista en dúas delas e obtivo un dos tres primeiros premios no 2008.

Este ano presentáronse á convocatoria un total de 546 proxectos, dos que se seleccionaron 300. Na provincia da Coruña resultaron elixidos tamén os dos concellos de Carballo e Oleiros. Para decidir quen recibe os premios valóranse criterios como a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, a orixinalidade e innovación e as actividades de integración social contempladas na proposta.

Para máis información pódese consultar a nota de prensa do ministerio:

http://www.mecd.gob.es/prensamecd/actualidad/2018/10/20181031-maria-moliner.html.

Back to top