Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ASOCIACIÓN CULTURAL TROULA DO ORTEGAL ORGANIZA ESTE SÁBADO A XII XUNTANZA DE GRUPOS REXIONAIS

Este sábado, 15 de xuño, a partir das seis da tarde, terá lugar no Centro Social de San Adrián, a XII Xuntanza de Grupos Rexionais organizada pola asociación cultural Troula do Ortegal. Nesta ocasión participarán no encontro as agrupacións Osorio Gutiérrez de Lourenzá (Lugo); Amado Lar, de Valadouro (Lugo); Cantareiros de Buxainas, de Cedeira e a propia asociación cultural Troula do Ortegal.

A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Ortigueira, a comunidade de montes de San Adrián de Veiga e a Deputación Provincial.

Back to top