Xanelas do Nadal 2025
O Concello de Ortigueira continúa outro ano máis coa celebración da actividade “Xanelas do Nadal”, que pretende fomentar a relación entre a veciñanza os días previos ás celebracións navideñas.
A actividade consiste en que as persoas interesadas deben decorar e iluminar unha fiestra da súa casa e “inaugurala” o día que lles corresponda. A inauguración consiste nunha invitación xeral a todas as persoas que se queiran achegar a compartir unha bebida e algo de picar –na medida das posibilidades de cada anfitrion-. Tamén poden participar asociacións, colectivos, comerciantes e comunidades de veciños.
As xanelas iranse iluminando por números ata completar unha especie de “calendario de advento” dende o 1 de decembro ata Noiteboa.
Para inscribirse e ser anfitrión, as persoas interesadas teñen que chamar á oficina de turismo (981 422 089) ou ao Concello (981 400 000 – 981 400 001) de luns a venres, e preguntar por Lupe. O prazo para inscribirse finaliza o 29 de novembro. Dende o Concello de Ortigueira anímase a toda a veciñanza do municipio a compartir e dar luz e cor á entrada do Nadal.
Como en anos anteriores, lémbrase que esta actividade é un proxecto veciñal no que pode participar calquera persoa.