Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xa está aberto o prazo para inscribirse nas actividades deportivas para o curso 2022 – 2023 en Ortigueira

 

• As actividades darán comezo o próximo 1 de outubro
• A oferta inclúe actividades para menores como vóley ou bádminton, actividades para maiores como ximnasia de mantemento e natación para todas as idades
• As inscricións xa están abertas e poden realizarse na piscina municipal en horario de 09h a 13h e de 16h a 22:30h

Ortigueira, 20 de setembro de 2022. O Concello de Ortigueira anuncia a súa oferta de actividades deportivas para a tempada 2022 – 2023.

As actividades, que darán comezo o próximo 1 de outubro, ofrecen un amplo abanico de posibilidades para todas as franxas de idade.

Menores de idade

Os mozos poden elixir entre vóley, bádminton, patinaxe, pádel, ximnasia e psicomotricidade e adestramento de circuíto/body pump.

Maiores de idade

Os maiores poden elixir entre ximnasia recuperadora e ximnasia de mantemento, que se ofrece ben na piscina municipal ou ben en cada unha das parroquias que teña demanda suficiente deste servizo.

Natación

Haberá grupos de natación para nenos, novos e adultos.

Outras actividades

A maiores tamén se ofrece a posibilidade de participar en Andainas e Tai Chi.

Para obter máis información ou formalizar a inscrición, pode facerse na Piscina Municipal ou a través dos números de teléfono 981 422 026 // 698 158 439.

Será necesario ter un número de rexistrados mínimos para poder desenvolver cada unha das actividades e as prazas son limitadas que se completarán por estrita orde de inscrición.
O alcalde, Juan Penabad, quixo destacar “a grande aposta que desde ou noso Concello facemos por potenciar a actividade deportiva e por promover uns hábitos de vida saudables”.

Back to top