UNHA ALUMNA VECIÑA DE ORTIGUEIRA RECIBIU O SEGUNDO PREMIO DE SUSTENTABILIDADE DA UDC
O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, felicitou no seu nome e no do Concello á veciña Marta Lamigueiro Durán, que recibiu o segundo Premio de Sustentabilidade da Universidade da Coruña na modalidade de traballos de fin de grao polo titulado “Patrimonio forestal sostible en Galicia, o eucalipto”. Marta Lamigueiro, que tivo como titor a Javier Sanz Larruga, cursa estudos de Dereito na Facultade da Coruña. O premio, que lle foi entregado -xunto ao resto das galardoados- onte, coincidindo co Día Mundial do MedioAmbiente, está dotado con 400 euros.