Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Últimos días para inscribirse na segunda edición da Universidade Sénior de Ortigueira

CLAUSURA UNIVERSIDADE SÉNIOR ORTIGUEIRA

  • O Concello colabora coa UDC para achegar o programa de democratización do coñecemento á poboación maior de 50 anos
  • A formación constará de tres módulos con clases teóricas e prácticas que tenrán lugar nos meses de abril e maio
  • Muras sinala que “a nova edición do programa conta cunha maior duración e forma parte da aposta que facemos desde o goberno local pola formación, ferramenta esencial para construír unha sociedade progresista”.

Ortigueira acollerá unha nova edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade Sénior. Despois do éxito da primeira, o Concello volve colaborar coa Universidade da Coruña (UDC) para acoller durante os meses de abril e maio unha nova formación para persoas maiores de 50 anos. O prazo de inscrición abrirase ata o luns, 18 de abril. As persoas interesadas poderán tramitar a súa solicitude telemáticamente a través da ligazón https://udcseniorortigueira.wordpress.com/.

“Despois da boa acollida do programa na súa primeira edición, celebrada no noso municipio o ano pasado, desde o equipo de goberno local volvemos apostar pola formación e seremos de novo sede deste proxecto, co que se busca ofrecer ás persoas maiores de 50 anos a oportunidade de seguir aprendendo”, sinala o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras.

A iniciativa arrincará a vindeira semana e rematará o 30 de maio, ofrecendo sesións teóricas dous días da semana de 17:00 a 19:00 horas no Teatro da Beneficencia, e sesións prácticas, impartidas polo profesorado da Universidade da Coruña.

Programación

O programa consta de tres módulos, o primeiro sobre patrimonio social e cultural, dentro do que se recollerán clases sobre lingua e literatura galega, arte contemporánea, arquitectura antiga e unha visita cultural pola zona. O segundo será sobre medioambiente e sustentabilidade, no que se tratarán temas como inxeniería e tecnoloxía ambiental, agronomía do mar e terrestre e se realizará unha excursión ao campo na zona.

Por último, levarase a cabo un tercer módulo sobre saúde e benestar, con formacións sobre estratexias para coidadores e coidadoras de persoas en situación de dependencia, educación para a saúde e unha sesión práctica de exercicio terapéutico.

Muras sinalou que “a nova edición do programa conta cunha maior duración e converterá de novo a Ortigueira en sede de coñecemento, referencia na comarca”. O rexidor definiu este tipo de programa como “ferramenta esencial para construír unha sociedade progresista, igualitaria e xusta”. A iniciativa está organizada pola UDC coa colaboración do Concello e conta coa financiación da Xunta de Galicia.

Muras agradeceu también á UDC que volvera contar con Ortigueira como sede para este tipo de iniciativa, que también contribue a dinamizar a zona.

Back to top