Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

TEATRO CALAVERA PROTAGONIZA UNHA NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS ESTE MÉRCORES NA BIBLIOTECA

A biblioteca municipal acollerá o vindeiro mércores, ás 17.30 horas, unha sesión de contacontos protagonizada pola compañía Teatro Calavera. “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” é o conto elixido para esta nova actividade, incluída no programa da Xunta “Ler conta moito” e dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos. As prazas son limitadas, polo que hai que se inscribir na bibioteca ou chamar ao número de teléfono 981 400 101.

Back to top